Concello de Riveira | Concello de Riveira

PORTELO DIXITAL

 

O Portelo Dixital é o enderezo electrónico do Concello de Riveira https://ventanilla.riveira.es, a través do cal a cidadanía e as empresas poden exercer o seu dereito de acceso á información, aos servizos e aos trámites electrónicos do noso Concello.

 

REQUISITOS TÉCNICOS:

Para os servizos da Sede electrónica é necesario dispoñer dun DNI Electrónico ou outro certificado dixital para identificarse no sistema. Os certificados dixitais garanten a legalidade das transaccións realizadas por Internet e permiten asinar os documentos electronicamente para darlles validez xurídica.

O certificado debe ser válido, é dicir, non debe estar caducado nin revogado pola autoridade de certificación que o emitiu. Son certificados dixitais válidos aqueles certificados de persoa física emitidos pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre. Para máis información, visite a páxina https://www.sede.fnmt.gob.es/certificados.

 

OUTROS REQUIRIMENTOS TÉCNICOS:

O sistema utiliza o programa Cliente de @Firma, desenvolvido baixo tecnoloxía JAVA para a realización da firma. Dita utilidade require duns requisitos técnicos e unha apropiada configuración do seu PC para poder efectuar a firma.

Recoméndase ter instalada no seu ordenador a última versión da máquina virtual de Java. Esta aplicación está dispoñible na web https://www.java.com/es/download/

Navegadores compatibles. Recoméndase o uso dun destes navegadores:

- INTERNET EXPLORER 7.0 ou superior.

- MOZILLA FIREFOX 4 ou superior.

Desaconséllase o uso do navegador Google Chrome xa que a partir da versión 45 non pode executar compoñentes java, poderá realizar consultas na sede electrónica do Concello pero non poderá asinar documentos.

Pode verificar se o seu equipo cumpre cos requisitos para a firma electrónica co miniapplet @Asina pulsando na seguinte ligazón: https://expinterweb.empleo.gob.es/miniAfirmaTest/

 

NOTA: Se non deixa validarse co certificado dixital, siga os seguintes pasos na ligazón: SEGURIDADE JAVA.