Concello de Riveira | Concello de Riveira

Dentro da Sede electrónica, disponse dun apartado dedicado á intranet corporativa, o Portal do Empregado.

Este Portal, ao que poderán acceder todos os traballadores da entidade aos que se lles dea acceso, a través dun usuario e contrasinal ou o seu certificado dixital, presentará unha serie de funcionalidades encamiñadas a evitar as continuas visitas do persoal á Área de Recursos Humanos:

  • Consulta de nóminas
  • Consulta da súa ficha persoal e datos da contratación.
  • Elaboración e impresión modelo 145.
  • Consulta dos trienios cumpridos e data do próximo.
  • Consulta de días de asuntos propios/vacacións consumidas e pendentes.
  • Consulta de anticipos e reintegros solicitados.
  • Impresión de Certificados de Retencións.
  • Consulta de embargos.
  • Solicitudes de carácter xeral (Soamente con certificado dixital ou Dni electrónico)
  • Consulta de incidencias.