Dentro da Sede electrónica, disponse dun apartado dedicado á intranet corporativa, o Portal do Empregado.
Este Portal, ao que poderán acceder todos os traballadores da entidade aos que se lles dea acceso, a través dun usuario e contrasinal ou o seu certificado dixital, presentará unha serie de funcionalidades encamiñadas a evitar as continuas visitas do persoal á Área de Recursos Humanos:
- Consulta de nóminas
- Consulta da súa ficha persoal e datos da contratación.
- Elaboración e impresión modelo 145.
- Consulta dos trienios cumpridos e data do próximo.
- Consulta de días de asuntos propios/vacacións consumidas e pendentes.
- Consulta de anticipos e reintegros solicitados.
- Impresión de Certificados de Retencións.
- Consulta de embargos.
- Solicitudes de carácter xeral (Soamente con certificado dixital ou Dni electrónico)
- Consulta de incidencias.